Ferramenta de autodiagnóstico da viabilidade da implantación das normas UNE 22480 e 22470
Coñece o estado da empresa de cara á implantación do Sistema de Xestión Mineira Sostible
En que consiste?
A Cámara Oficial Mineira de Galicia pon á túa disposición unha ferramenta de autodiagnóstico da viabilidade de cara a una posible implantación das normas UNE 22480 e 22470. Pode considerarse como un primeiro paso ou un diagnóstico inicial da empresa de cara a implantar un Sistema de Xestión Mineiro-Mineralúrxica-Metalúrxica Sostible (SXMMMS).
Esta ferramenta foi creada en base ao coñecemento adquirido en implantacións reais. Os prazos que aporta de implantación son estimados, xa que cada empresa ten unha casuística propia, que en moitos casos vai máis aló das cuestións aquí expostas. A pesar de iso axudará a poder realizar unha estimación moi aproximada da situación da compañía fronte á implantación dun Sistema de Xestión Mineira Sostible baseado nas Normas UNE 22480 e 22470.
Que vou conseguir?
#1. Obtén unha estimación do tempo que levaría a implantación
Segundo as túas respostas obterás unha estimación dos meses necesarios para o proceso de implantación.
#2. Coñece cales son os puntos de maior relevancia de cara a evaluar a posibilidade da implantación
A ferramenta analiza en detalle as cuestións que se consideran máis relevantes para o proceso de implantación, sendo algunha delas chave dentro do proceso da implantación.
#3. Coñece o teu estado actual e que factores farán que a implantación sexa mais sinxela
Recibe un listado con aqueles puntos que cumpre a túa empresa e favorecen a implantación, e un apartado de recomendacións, de cara a axilizar e simplificar o proceso.
#4. Recibe todo dentro dun documento en formato pdf
Recibirás un correo cun documento PDF que recolle un primeiro diagnóstico inicial da túa empresa de cara á implantación dun Sistema de Xestión Sostible basado na norma 22480 e 22470. Este documento inclúe o sinalado nos puntos anteriores.
Contacto
Se tes dúbidas para realizar a cuestionario ou desexas implantar as Normas UNE de Xestión de Minaría Sostible na túa empresa, non dubides en contactar coa Cámara Oficial Mineira de Galicia.