Cuestionario Implantación UNE

Benvido/a ao cuestionario de Autoavaliación do cumprimento das Normas UNE 22480 e 22470 de Xestión de Minaría Sostible.

  • Poderás abandonalo e retomalo a través da ligazón que recibirás no teu correo.
  • Para cubrilo necesitarás ter coñecemento relacionado a varios ámbitos da túa empresa.
  • Podes tardar de forma aproximada entre 10 e 20 minutos en completar o cuestionario.
  • Aquí tes unha guía de axuda para resolver dúbidas mentras cumprimentas as respostas.
  • Antes de comezar, necesitamos o teu email para facerte chegar o resumo final e para que poidas retomar a autoavaliación cando desexes.
Cal é o sector de actividade mineira da súa empresa?

1. Coñecemento sobre a Norma 22480 de SXMS

Á hora de implantar unha Norma resulta imprescindible o seu coñecemento, polo que se valora positivamente que a empresa dispoña da Norma e estea informada sobre os seus contidos ou sobre o proceso de implantación.

Sen embargo, dentro deste punto o que ten máis relevancia é coñecer se a dirección da empresa está interesada na implantación da Norma, pois este resulta ser un dos aspectos chave á hora de acometer o proceso de implantación.


1.1. Informouse a empresa sobre os contidos da Norma 22480 de SXMS ou sobre o proceso de implantación?
1.2. Recolle a política da empresa un compromiso de sostibilidade?
1.3. Está interesada a dirección da empresa na implantación de Norma?

2. Ciclo mineiro

A Norma recolle as distintas etapas do ciclo mineiro.

A priori o proceso de implantación será tanto máis complexo como complexa sexa a fase de traballo na que se atope a empresa, polo que neste apartado valorarase: Se a empresa se atopa en fase de exploración e investigación (identificar e avaliar o recurso xeolóxico), se a empresa se atopa en fase de aproveitamento (explotación, preparación, concentración e obtención de beneficio dun recurso mineral), ou se a empresa se atopa en fase de rehabilitación do espazo mineiro. Tamén é un caso bastante habitual, que se estén realizando varias das actividades anteriores de forma combinada.


2.1. En que fase do ciclo mineiro se atopa a explotación?

3. Alcance

Á hora de valorar a facilidade de implantación da Norma tamén é interesante coñecer o alcance que se lle pretende dar ao Sistema de Xestión Mineira Sostible.

Para definir o alcance débese analizar se interesa certificar so a actividade propia da explotación mineira ou se se inclúe a actividade realizada na planta de beneficio. O ideal é que o alcance da implantación sexa toda a actividade mineira da empresa.

Polo contrario, cantas máis actividades recolla o alcance da certificación maior será a dificultade do proceso.


3.1. Cal é o alcance do Sistema de Xestión Mineira Sostible?

4. Normas de Xestión

Dende o ano 2015 a Norma 22480 está aliñada coa estrutura do resto das principais Normas ISO (9001, 14001 e 45001). Por este motivo, as empresas que xa teñan implantado algún destes Sistemas de Xestión terán moita máis facilidade para implantar a Norma UNE 22480.

Tamén se pode dar o caso de que a empresa pertenza a un grupo empresarial onde si teñan algunha Norma de Xestión implantada, polo que a empresa poderá adaptar os procedementos e documentos xa implantados a nivel Grupo ás súas características propias, o que pode resultar moi positivo ao non ter que crear toda a documentación dende cero.


4.1. Ten implantada a empresa unha norma ISO 9001?
4.2. Ten implantada a empresa unha norma ISO 14001?
4.3. Ten implantada a empresa unha norma ISO 45001?
4.4. Pertence a empresa a un Grupo empresarial con algunha Norma implantada?

5. Estrutura da empresa

Aínda que non é determinante, a estrutura da empresa da unha idea dos recursos humanos que a compañía destina á xestión dos diferentes departamentos que a constitúen. A existencia destes departamentos específicos debería contribuír a unha maior facilidade de implantación.


5.1. Conta a empresa cun departamento específico de calidade?
5.2. Conta a empresa cun departamento específico de medioambiente?
5.3. Conta a empresa cun departamento específico de seguridade e saúde?
5.4. Conta a empresa cun departamento específico financeiro?

6. Traballos subcontratados

Cando unha empresa fai unha función dentro do proceso produtivo, a organización debe asegurarse de que eses procesos estean controlados, por ese motivo se lle ten que esixir que adquira uns compromisos en materia de sostibilidade, que inclúan o cumprimento dos requisitos legais que lle sexan de aplicación.

Por este motivo, a existencia de traballos subcontratados vai supoñer maior dificultade á hora de implantar a Norma.


6.1. Ten a empresa subcontratas?

7. Persoal

Un dos alicerces chave son os recursos humanos cos que conta unha empresa. A estrutura e organización da empresa está relacionada coa facilidade que lle vai supoñer a implantación da Norma. Por este motivo, favorece á implantación: Que a empresa teña elaborado un organigrama de forma que todo o persoal ten perfectamente definidas as súas responsabilidades, que se teñan identificados os perfís de posto asegurando que as persoas que forman parte da organización son competentes (baseándose na educación, formación ou experiencias), e a empresa teña elaborado un plan de formación de modo que se coñezan as necesidades formativas dos seus traballadores.


7.1. Ten a empresa elaborado un organigrama?
7.2. Ten a empresa identificados os perfís de posto?
7.3. Ten a empresa elaborado un plan de formación?

8. Requisitos legais

Para implantar a Norma de XMS resulta imprescindible identificar e avaliar o cumprimento dos requisitos legais que lle son de aplicación á actividade que desenvolve. Aplican máis de 200 normas, xa que abarca normativa de ámbito local, autonómica, estatal e incluso europea, de aspectos tan diferentes como a seguridade industrial, o medio ambiente, a prevención de riscos, a xestión de residuos ou a específica do sector mineiro entre outros.

Preséntanse neste apartado algúns dos requisitos legais máis relevantes para a actividade mineira, e cuxo incumprimento pode supoñer un hándicap á hora de levar a cabo o proceso de implantación.


8.1. Ten a empresa identificados os requisitos legais que lle son de aplicación?
8.2. Ten a empresa licenza de actividade? Se non a precisa, marque "si".
8.3. Ten a empresa autorización de vertido? Se non a precisa, marque "si".
8.4. Están autorizadas pola autoridade mineira as subcontratas que traballan na explotación? Se empresa non ten subcontratas, marque "si".
8.5. Conta con Marcado CE a maquinaria fixa e móbil existente na explotación e planta ou ben adaptouse ao indicado no RD 1215/1997?
8.6. Conta o persoal coa formación da ITC 02.1.02 «Formación preventiva para el desempeño del puesto de trabajo» correspondente a todos os postos de traballo que desenvolve?
8.7. Ten a maquinaria (pas cargadoras de rodas, volquetes ríxidos e articulados) pasadas as inspeccións regulamentarias dacordo coa ITC 02.2.01 «Puesta en servicio, mantenimiento, reparación e inspección de equipos de trabajo»? Se non dispón de ningunha destas máquinas, marque "si".
8.8. Conta a empresa cun Plan de autoprotección actualizado e debidamente rexistrado?
8.9. Está a empresa inscrita no rexistro industrial?
8.10. Ten implantado a empresa un sistema de xestión de residuos que inclúe separación "in situ", alta no rexistro de pequenos productores de residuos perigosos e contrato con empresa xestora de recollida?
8.11. Cumpre a empresa co especificado na ITC 02.0.02 «Protección de los trabajadores contra el riesgo por inhalación de polvo y sílice cristalina respirables»?

9. Datos sobre a empresa

A rendibilidade económica da empresa é un indicador interesante á hora de avaliar a facilidade coa que a mesma se vai enfrontar ao proceso de implantación.

Preguntas como se a empresa realiza investimentos en I+D+i, medio ambiente, ou se toma medidas relacionadas coa economía circular, máis alá do estritamente obrigatorio pola lexislación, mostran o esforzo da mesma por aumentar a eficiencia e optimizar os procesos o que resulta relevante á hora de facer un autodiagnóstico da empresa de cara ao proceso de implantación.


9.1. Ten a empresa unha tendencia crecente nos últimos anos en canto a produción e ventas?
9.2. Realiza a empresa ao menos unha vez ao ano inversións en I+D+i?
9.3. Tomou a empresa nos últimos 3 anos medidas relacionadas coa economía circular?
9.4. Realiza a empresa, ao menos unha vez ao ano, inversións en medioambiente non relacionadas co cumprimento de requisitos legais?

10. Información de partida da que dispón a empresa

A Norma conta con 60 indicadores repartidos nas 3 categorías que conforman os 3 piares da sostibilidade: 5 económicos, 22 sociais e 33 ambientais (por experiencia soen aplicar uns 50).

Os indicadores serven para medir, e veñen definidos como as medidas dos impactos ou efectos causados pola organización.


10.1. Ten a empresa identificados aos seus grupos de interés?
10.2. Ten a empresa establecido un plan de comunicación cos seus grupos de interés?
10.3. Dispón a empresa dun sistema contable que permita facer unha separación de gastos por conceptos?
10.4. Fai a empresa contribucións económicas de interese social?
10.5. Ten a empresa establecidos mecanismos de rexistro de queixas e suxestións?
10.6. Aplica a empresa medidas de promoción e mellora da seguridade e saúde dos traballadores?
10.7. Leva a empresa rexistro dos consumos enerxéticos do centro productivo ?
10.8. Analiza a empresa os volumes de Gases de Efecto Invernadero (GEI) que se producen no centro de traballo?
10.9. Leva a empresa rexistro dos consumos de auga que realiza?
10.10. Ten a empresa identificados os produtos que poden conter sustancias tóxicas e nocivas?
10.11. Leva a empresa rexistro dos incidentes e accidentes medioambientais que teñen lugar na explotación?

Suxestións